Jacques Henri #Lartigue, “Un #mundo #Flotante” no #MAC da #Coruña

Joie de vivre, ansía, beleza, vida, … moita vida, iso é o que se desprende da branca sala na que se sitúa “Un mundo Flotante”, retrospectiva sobre a obra de Jacques Henri Lartigue.
Entramos na sala e percorremos un camiño ben sinalado que nos leva a vivir os doces anos 20, 30 e 40 a través dos ollos de Lartigue, un paseo polas emocións máis frívolas e á vez máis francas. Deporte, piscinas, vacacións, … vidas burguesas, felicidade e sobre todo, a alegría de vivir, de vivir en verdade sen concesións, rindo moito, bebendo, bailando, amando… vida, vida en maiúsculas. Un non pode parar de conter o alento en cada un dos pequenos aparellos tinguidos de branco con forma de prismáticos, dende os que se observan fermosas escenas cotiás da ledicia nun rudimentario 3D que parece querer succionarnos cara dentro e trasladarnos de súpeto á Francia máis leve e percorrer un Cannes baleiro da man de Lartigue.
Síntome moi preto das imaxes de Lartigue, da seu tipo de vida, penso que dalgunha maneira, eu tamén busco dunha maneira infatigable a Joie de Vivre,e tento exprimirlle o tempo o que xa non ten, busca, vida, sempre son o mesmo dúo que me persegue e sempre fan de min un ser famélico de experiencias. Eu quero ser Lartigue, e quen non? Vivir así é vivir en verdade, e iso se reflicte nas frases que colgan das paredes da sala:
“La vida es algo maravilloso que baila, salta, vuela, ríe y pasa”
Levedade. Sempre foi coñecido polo fotografo da levedade, pero vendo estás fotos, a única verba que se me remove nos miolos éBeleza. Beleza pura e infinita, estética plasmada en cada unha das imaxes, … parece que levito cara elas, coma as personaxes felices das praias de Lartigue.
Coñecía a Lartigue de vello, pero o ano pasado revelóuseme de novo nunhas clases de Iñaki Domingo, cando o describiu como o primeiro fotógrafo cun proxecto persoal claro. A sistemática reflexión sobre a felicidade, a Joie de Vivre e a levedade da cousa, non son máis cun reflexo do mundo acomodado que lle tocou vivir. As imaxes que nos mostra, son el mesmo, o seu mundo. Posteriormente, o tema da Joie de Vivre volverá a ser retomada por exemplo por Ryan McGinley.
Chovía moito en San Nicolás cando vin para eiquí, pero érame igual, escoitaba a Ólafur Arnalds coma hoxe, porque non entendo outra forma de soportar a choiva, recorrín toda A Coruña vella empapada e encantada. Ás veces de súpeto unha tarde convértese na mellor tarde do mundo baixo a mirada dunhas imaxes que te retan a VIVIR.