Percorrendo Galicia: @OutonoFoto, @photoespana e @DisparaCultura #yoestuveallí

Che e Vítor Nieves presentando o libro do Outono Fotográfico no Kunsthalle
A fin de semana pasada acudín o xoves a Santiago de Compostela para á presentación do catálogo do Outono Fotográfico que tiña lugar no Kunsthalle e a inauguración da exposición “Ex Machina” do amigo Fuco Reyes no CGAC.
A presentación do catálogo desenrolouse nun ambiente familiar e foi moi agradable. Xosé Lois Vázquez e Vítor Nieves presentaron o catálogo – libro e por primeira vez A fin de semana pasada acudín o xoves a Santiago de Compostela para á presentación do catálogo do Outono Fotográfico que tiña lugar no Kunsthalle e a inauguración da exposición “Ex Machina” do amigo Fuco Reyes no CGAC.
A presentación do catálogo desenrolouse nun ambiente familiar e foi moi agradable. Xosé Lois Vázquez e Vítor Nieves presentaron o catálogo – libro e por primeira vez puiden botarlle unha ollada. Teño que dicir que o catálogo nesta ocasión, faise maior e convertese en libro, un libro que é todo un compendio de arte e un inventario moi salientable do que se anda a facer por estas terras e alén delas en temas de fotografía.
Deixándome levar pola miña irresponsabilidade, a noite fíxoseme día en Santiago, así que a penas durmín antes de coller o tren que me levaría a Coruña… aventuras a parte (que non son materia deste blogue), cheguei á Coruña, alí despraceime ata o Ágora,onde tiña que asistir o visionado de fotografías “Novos” convocado por
Escaleiras de acceso a sala de espera e entrada ás entrevistas do visionado
PhotoEspaña. No visionado coincidín con Eva Díez, amiga que coñecera no II Encontro de Artistas Novos e que foi toda unha ledicia contar coa súa compaña durante estes dous días de esperas e nervios.
Os visionados, son un exercicio raro, pero a vez clarificador. Entras nunha sala coa sensación de que vas ter un vis a vis cun descoñecido, e sen ningún pudor debes mostrarlle o máis profundo de ti; o teu traballo persoal, en resumo; a túa vida.
A verdade é que é un pouco obsceno deixar en tea de xuízo o teu traballo ó mellor ofertante, pero tamén é certo que no meu caso cada cousa que me dixeron os visionadores, esclareceume algo do meu traballo, (salvo puntuais casos que nin sequera considerei). Ser seleccionado ten sido un fito moi importante para mín, que a nivel persoal non sei se me servirá de algo, pero do que estou segura é de que aportoume un ápice de confianza que me faltaba neste momento, xa que son tendente a inmiscirme nun bucle case infinito de autorrevisións e autocrítica que remexen en demasía os meus miolos.
A miña aportación á papatoria da inauguración de «Welcome», uns cupcakes moi festivaleiros
Despois destes dous días coas súas noites gozando da Coruña, esa cidade á que teño tanto apego, o sábado marchei para A Estrada para participar na inauguración de “Welcome” na galería Dispara.
Unha vez máis a sensación foi dunha grata ledicia, o espazo que creou Tono Arias na Estrada é barbaramente marabilloso, e a inauguración que montou xenial. Moita xente, moitos amigos, amigos descoñecidos, performance, un discurso chapeau (neste caso máis ben de chapela) e papatoria (un “must” en toda xolda galega). Eu dende este blogue, quero agradecer de corazón o ven que me recibiu, me tratou, e a exposición que montou, que deslumbroume tanto por execución como por como estaba artellada. O peor da noite dende logo foi o meu estado físico que pedía a berros unha retirada a tempo, e estas cousas non hai maneira de manexalas, así que pola miña parte espero que veñan moitas fins de semana non – stop coma esta e prometo es