#projectmoscow no #MAC da #Coruña #recomendar

Un diario de deriva nunha cidade inédita e inhóspita. Iso é basicamente a base artelladora de Project Moscow, unha proposta curada por Alberto Cartón de9th13 que a través desta premisa, convidou a catro artistas a dar forma a este caderno de deriva que agora temos o pracer de disfrutar na Coruña.
Os artistas Jacobo BugarínChristian García BelloFederico Vladimir Strate Pezdric e Marta Alvim enfrontáronse a unha Moscova descoñecida que durante uns días nos que acumularon o material e nos que pouco a pouco a cidade foinos descubrindo como artistas.
É a cidade a que nos revela, non somos nós quen revelamos á cidade, neste concepto relacionado co flâneur de Baudelaire basease esta intervención artística.
O pasado 17 de xaneiro tiven a sorte de acudir á inauguración desta mostra, que a pesares do tempo de mil demos que convertía a Coruña nunha trampa mortal para paraugas e viandantes, foi todo un éxito. Escoitar falar os tres artistas presentes na inauguración sobre Moscova, lembroume a gran pegada que esa cidade deixou en min e como xa dixen neste blogue, e a incrible forma no que o espazo modifica ó individuo fíxome sentir moi identificada coas verbas dalgún dos artistas ó explicar o seu traballo.
Cada un aporta unha visión moi distinta. Jacobo Bugarín establece o seu discurso a partires do texto “Carta ás xeracións futuras” deNikolái BujarinChristian García Bello a través da historia dos Tres Estanques, dos que na actualidade só queda o chamado Patrikipolos moscovitas, e Federico Vladimir Strate Pezdric pola súa parte, fala na súa proxección do poder dos símbolos e de como mudaron ata nosos días na propia Moscova.
Dende aquí recomendo encarecidamente unha visita a esta mostra, non só pola súa evidente calidade, senón tamén polo que de poesía, diálogo e acto redentor se desprende dela, xa que o fin o cabo viaxar sempre debe ser un acto catártico e que mellor que aprender a viaxar baixo a deriva dos ollos inquedos dun alleo.

Sinopse das obras:
Marta AlvimThe Death of an Owl, 2012
videoproyección, 9′ 45»
 Jacobo BugarínCarta a las generaciones futuras, 2012
videocreación, 11′
Christian García BelloLos tres estanques, 2012
vídeo HD 720p, 8′ 25»
Federico V. Strate PezdricVladimir x3 The Great, 2012
videoproyección, 24′ 24»

A mostra pódese visitar no MAC da Coruña ata o mes de marzal.